👏 Queremos agradecer a súa asistencia a todas as persoas que acudiron onte ao #DEMODAY de dixitalización e #innovación para o #sectoralimentario do Clúster Alimentario de Galicia.
✅ A xornada serviu para presentar resultados de proxectos colaborativos, dar a coñecer outros que están a arrancar, afondar nas solucións tecnolóxicas para a #industriaalimentaria das empresas tecnolóxicas socias de #Clusaga e facer #networking.
👤 Tras a benvida a cargo de Roberto C. Alonso Ferro, director de Clusaga, comezou o primeiro bloque, no que se presentaron 💡 resultados de 6 proxectos da 💰 convocatoria de apoio a #AEIs 2023 do Ministerio de Industria y Turismo, financiados tamén pola #UE a través dos fondos #NextGenEU. Deste xeito, expuxéronse os resultados:
♻ #IA40WASTE | Luis Fernandez Lopez, de PEREIRA
🥩 #MEATwin | Adrián Domínguez Domínguez, de TripleAlpha
🥚 #DIG40VO | María Eugenia Juncal Fernández, de Campomayor
🍇 #VitIA50 | Carlos Alberte, de Viña Costeira
🚢 #Powerlog | M Eugenia Mijares Serrano, de DIHGIGAL - Digital Innovation Hub Industrial de Galicia
🚜 AGROVOLTECH | Xosé Ramón Vázquez Pérez, de Clusaga
🔴 Doutra banda, no bloque de proxectos internacionais, financiados pola UE ao abeiro do proxecto HIGHFIVE de Clusaga para a #transiciónverde e dixital, coñecimos:
💡#PREVAI | Iago Portela Caramés, de TripleAlpha; e Daniel Estrada Castaño, de Quescrem
🧀#BUPAIC | Iker García, de AOTECH, Advanced Optical Technologies S.L.
💧#CREAMSENSE | Patricia Remeseiro Pazos, de QUEIZUAR SL.
💰 A continuación, Eladio Otero García abordou algunhas das axudas para a dixitalización que a Xunta de Galicia a través do Igape - Instituto Galego de Promoción Económica pon a disposición das empresas de #alimentación e #bebidas en #Galicia. Nomeadamente, abordáronse Dixitalización 4.0, as axudas á #EconomíaCircular e o Programa Re-acciona.
💼 Despois, presentaronse en formato #pitch os servizos para a transición dixital da #industriaalimentaria das socias de Clusaga #AOTECH, ASM Soft, CAPTOLOGY, Perfect Numbers, Docuten, Elige Data - Inteligencia de Negocio, EMENASA, Himikode, InprOTech, Indutec Ingenieros S.L.U, Innogando, Logicmelt, NIGAL Nova Industria Galega, Plexus Tech, Seresco, Soltec Ingenieros, Subgen AI e #TripleAlpha.
🤝 Para rematar, ofreceuse un espazo para o #networking durante o xantar, que contou con demos tecnolóxicas, axendas de reunións #B2B e, en definitiva, moreas de oportunidades de #colaboración para as empresas.
🗞 Reseña completa⬇
https://lnkd.in/dGSUtFzq