Novas

WordPress 6.3 «Lionel»

WordPress 6.3 «Lionel»


Saúda a WordPress 6.3 “Lionel”, que leva o nome de Lionel Hampton, o célebre artista de jazz estadounidense.

Hampton, vibrafonista, pianista e percusionista de jazz prolífico, que gañou notoriedade traballando en harmonía cos grandes, desde Charles Mingus a Quincy Jones, e como líder da banda do mesmo nome Lionel Hampton Orchestra.

O seu traballo artístico e benéfico foron recoñecidos cun Grammy, unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e a Medalla Nacional das Artes.

Asegúrate de subir o volume dos estilos musicais de Lionel Hampton mentres descubres todo o que “Lionel” ten para ofrecer.

Con “Lionel” podes crear sitios web fermosos e atractivos de forma máis eficiente que nunca. Tanto se queres construír un sitio enteiro sen codificar como se es un programador que quere personalizar cada detalle, WordPress 6.3 ten algo que espertar o teu interese.

Ao lanzar e explorar esta última versión, descubrirás funcións e navegación actualizadas deseñadas para axudarche a traballar e crear con menos esforzo, ferramentas de deseño que che proporcionan máis control do deseño e funcións adicionais que enriquecen a experiencia de creación de sitios.

“Lionel” marca un importante capítulo na evolución de WordPress como ferramenta de expresión.
É a culminación de anos de traballo de centos de colaboradores, que ofrecen unha experiencia de edición máis potente e cohesionada para sitios web de bloques.
A procura de facer que a publicación web sexa accesible para todos continúa, polo que tamén é só un novo comezo!

Deixa unha resposta